Axuda de Open Journal Systems

Edministración de Envíos

Varios aspectos da administración do envío poden ser implementados dende a páxina do resumo do envío.

Envío
Baixo envío, o editor pode enviarlle correos electrónicos ao autor; revisar o arquivo de envío orixinal e os arquivos complementarios; asegurarse de que o envío está na sección correcta da revista e revisar os comentarios do autor.

Antes de asignar un editor de sección para que administre a revisión do envío, o editor debe premer sobre o nome de arquivo do envío para abrir o arquivo e asegurarse que o texto que aí aparece é axeitado para a revisión feita pola revista, ademáis debe asegurarse que o envío está na sección correcta da revista.

Remuneración do autor
Se a revista acepta pagamentos en liña, o editor poderá fixar a remuneración do autor como recibido ou exento. Os honorarios que están fixados aquí como recibido/exento aparecerán tamén nos rexistros de pagamento da revista.

Editores
Para que o envío poida proceder á etapa de revisión o editor debe asignar un editor de sección da listaxe de usuarios inscritos para supervisar o proceso de revisión. Se a revista non utiliza os editores de sección, o editor pode premer "Engadirse", e supervisar persoalmente o proceso de revisión. Aos editores de sección múltiples pódeselles asignar un envío, e que realicen tamén labores de revisión ou o proceso de edición, ou as dúas. Esta acción enviaralle ao editor de sección un correo electrónico automático cunha notificación sobre a asignación.

Estado
A páxina de resumo do envío encárgase de facer un seguimento do progreso do envío durante todo o proceso de revisión, edición e publicación. Se nalgún intre o envío é considerado como non axeitado para a revista, pode ser arquivado aquí.

Se o envío definitivamente non é axeitado para a revista, o editor pode premer a ligazón "Envío de arquivo", para enviar un correo electrónico ao autor informándoo de que o envío non será enviado á revisión. Unha vez enviado o correo electrónico o envío será arquivado. O editor de sección asignado tamén pode executar esta acción.