Axuda de Open Journal Systems

Arquivos

Os envíos nesta ringleira terán que pasar polo proceso editorial, aínda que fosen rexeitados, programados para a súa publicación ou estean publicados. Esta ringleira permítelles aos editores e aos editores de sección asignados un acceso completo á historia editorial do envío (resumo, envío, revisión, edición, e historia).

Para restaurar un artigo arquivado e pasalo a listaxe de envíos activos o editor deberá ir aos arquivos na páxina principal do editor e atopar o envío. Premer sobre o título do envío e isto levarao ás pàxinas de resumo, revisión, edición e historia dese envío. Na páxina de resumo hai unha ligazón chamada "Restaurar a listaxe de envíos activos", que permitirá que ese envío sexa movido para a listaxe de revisión ou de edición, dependendo da etapa na que o envío estaba cando foi arquivado.