Axuda de Open Journal Systems

Función do Corrector de Textos

O corrector de textos recibe un correo electrónico do editor de sección solicitándolle a corrección do texto dun envío. Este envío aparecerá na ringleira de envíos do corrector de textos. Cando un corrector de textos non poida realizar a corrección, terá que informar o editor de sección por medio dun correo electrónico.