Axuda de Open Journal Systems

Editing

O editor da sección supervisa a corrección de probas, a diagramación e a corrección dos textos seleccionados e asignados a membros do equipo editorial para que se encarguen do envío en cada etapa, garantindo que cada envío avance no proceso segundo o previsto. O proceso comenza cando o editor de sección selecciona o corrector de textos e solicita a corrección do envío. Pode ocorrer que o editor de sección desexe seleccionar ao mesmo tempo o editor de diagramación e o corrector de probas (dependendo de cantas desas funcións sexan empregadas pola revista), ou pode ser que o editor de sección agarde ata que remate a etapa precedente. Para substituír os editores seleccionados, o editor de sección debe premer sobre Seleccionar e asignar unha nova persoa que poida substituír á persoa asignada anteriormente. A etapa de edición complétase cando o envío rematou a etapa de corrección de probas, e neste punto do proceso o editor de sección programa o envío para a súa publicación.

Envíos en diagramación que precisan máis correccións. O editor pode realizar máis correccións do texto na versión de diagramación e enviarllas ao corrector de probas (quen se cadra desexe contactar co autor). Unha vez rematadas as correccións do texto, o envío volve ao editor, quen pode cargar o arquivo na versión de diagramación.

Cambiando unha galerada despois da programación dun envio.Unha vez que o envío é mandado a programación, a páxina de edición (xunto coas páxinas de resumo, revisión e historial) é enviado aos arquivos. O editor pode pedirlle ao editor de diagramación, quen terá acceso a través dos arquivos, mudar as galeradas e volvelas a cargar de novo. Isto pode acontecer despois da publicación do envío. A nova galerada cargada aparecerá como a versión publicada, pero compre ser coidadoso cando se cambian as galerada deste xeito, para poder preservar a integridade do proceso de publicación da revista. Para documentar isto o editor pode achegar unha nota que rexistre os cambios do artigo publicado.

Para información máis polo miúdo sobre o proceso de diagramación véxase Copyediting.

Layout.

Para información máis polo miúdo sobre a correción de probas e a programación véxase Proofreading.