Boletín da Real Academia Galega
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG

O Boletín da Real Academia Galega (BRAG) é unha publicación anual editada pola Real Academia Galega dende o ano 1906. Dende o ano 2000 está redactada enteiramente en lingua galega. Recolle traballos de investigación centrados en distintos aspectos da lingua, cultura e a literatura galegas, e mais outros contributos arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.
Real Academia Galegagl-ESBoletín da Real Academia Galega1576-8767

A poesía sociolingüística de Florencio Delgado Gurriarán
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/816

A biografía de Florencio Delgado Gurriarán en relación coa lingua galega foi insólita, singular realmente. Décadas antes de “Deitado frente ao mar...”, poema composto por Celso Emilio Ferreiro en 1962, Delgado Gurriarán compuña e publicaba poemas de temática sociolingüística; o primeiro deles “Opinións sobre o galego”, data de abril de 1931. Repasamos aquí aos seus textos en verso sobre a problemática social do idioma galego, produción pola que, no século xx, Delgado Gurriarán foi un pioneiro.
Xesús Alonso Montero
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-25383112410.32766/brag.383.816Dúas incursións na epistolografía de Florencio Delgado Gurriarán: Ramón Otero Pedrayo e Rodolfo Prada
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/817

No ámbito das relacións epistolares conservadas de Florencio Delgado Gurriarán destacan aquelas cartas dirixidas a Otero Pedrayo, por un lado, e as que se conservan no fondo Rodolfo Prada da Biblioteca Penzol por outro. Neste relatorio achegámonos aos seus contidos; nalgúns casos documentos relevantes para coñecer a biografía política e literaria do autor de Córgomo, sobre todo no que atinxe á súa actividade como responsable da expatriación a México de numerosas persoas que se exiliaron en Francia tras a guerra civil. No anexo deste artigo exhúmanse os orixinais de boa parte delas.
Ramón Nicolás
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-25383255110.32766/brag.383.817A voz do poeta dende Valdeorras
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/818

A paisaxe é unha constante da escrita de Florencio Delgado Gurriarán; a través dela o poeta canta á súa terra natal, Valdeorras. Nas primeiras publicacións priman os trazos vangardistas, malia que poidamos atopar tamén influxo do cancioneiro popular. Tras o exilio, os textos poéticos mudan, ao acoller o novo contexto mexicano, que engade novas sensacións e vivencias, tamén debido ao peso que a tradición paisaxística e o saudosismo teñen en Delgado Gurriarán.
Débora Álvarez Moldes
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-25383537710.32766/brag.383.818As fontes léxicas na lírica de Florencio Delgado Gurriarán
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/819

Esta comunicación pretende contribuír ao coñecemento das fontes léxicas das que se nutre a lírica de Florencio Delgado Gurrriarán (1903-1987). Para este labor, baseámonos nos seus catro poemarios: Bebedeira (1934), Galicia infinda (1963), Cantarenas. Poemas 1934-1980 (1981) e O soño do guieiro (1986). Na escrita florenciana, xunto á singularidade do galego oral de Valdeorras, combínanse elementos da tradición literaria, da enxebrización e da depuración, a carón dalgúns recursos significativos como procedemento de formación de palabras.

Deste xeito, o galego literario do poeta corgomés caracterízase, fundamentalmente, por ser unha lingua popular depurada de castelanismos e apoiada co recurso do portugués como proceso de enxebrización; marcada amplamente polos termos dialectais da comarca de Valdeorras e zonas estremeiras e polas formas específicas da súa contorna rural como peculiaridade; influenciada pola tradición literaria dalgúns dos nosos clásicos; reforzada coa presenza de estranxeirismos propios de linguas modernas europeas e de trazos do náhuatl de México, así como polos cultismos como elementos de depuración, e enriquecida, á súa vez, pola derivación mediante sufixación e composición como principais procedementos de formación de palabras. A seguir expóñense polo miúdo estas seis fontes léxicas no conxunto da súa obra poética.
Concepción Álvarez Pousa
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-25383799810.32766/brag.383.819Florencio Delgado Gurriarán, ganador do concurso de tradución da Federación de Sociedades Galegas (1946)
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/821

O obxectivo deste traballo é afondar na faceta de Florencio Delgado Gurriarán como tradutor de diversas voces poéticas para o galego. En efecto, o autor valdeorrés reservou entre as súas ocupacións intelectuais unha parcela para o exercicio de verter textos desde outros idiomas, como o francés e o inglés. En concreto, examínase a súa participación no certame literario convocado pola Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires en 1946, onde na modalidade de tradución Delgado Gurriarán logrou o máximo galardón e Plácido R. Castro e Lois Tobío dous accésits. Ao longo do artigo abórdanse as características do volume Poesía inglesa e francesa vertida ao galego, editado en 1949, no que se agruparon os traballos premiados, un fito na historia da tradución galega por se tratar do primeiro tomo de versións á nosa lingua que viu a luz despois da guerra civil. A última parte do estudo céntrase na recepción crítica de que foi obxecto, tanto no exilio coma en Galicia. A conclusión primordial que se alcanza pon de manifesto que a tradución significou para Delgado Gurriarán unha vertente notable no conxunto do seu labor, malia que non se consagrase á mesma de forma perseverante no transcurso da súa traxectoria.
Xosé Manuel Dasilva Fernández
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-253839912110.32766/brag.383.821Trazos biográficos de Florencio Delgado Gurriarán
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/822

Florencio Delgado Gurriarán nace en Córgomo de Valdeorras (Ourense) en 1903. Fillo dunha familia de clase media, percorreu varias localidades fóra de Galicia por mor da calidade de funcionario que tiña seu pai, o que lle valeu para rematar a carreira de Dereito en Valladolid. Amante da súa terra valdeorresa, retornou cara a 1928, onde exerceu un tempo escaso como avogado. Afeccionado á lectura e á cultura, iniciouse na creación literaria como poeta e adquiriu un compromiso político como militante do Partido Galeguista en tempos da II República. Publicou o seu primeiro poemario en 1934, Bebedeira, na Editorial Nós. A guerra civil empuxouno a fuxir a diferentes destinos, recalando en Barcelona, logo de estar en Portugal e Francia. Alá enrolouse no exército republicano. Nos últimos días da guerra actuou solidariamente na preparación da evacuación dos perdedores. Exiliouse en México, onde viviu o resto da súa vida e onde tivo responsabilidades en toda canta actividade antifranquista prepararon os galeguistas e outras forzas políticas do exilio, e non cesou nunca no seu compromiso democrático. Volveu a Valdeorras tres veces e publicou tres libros de poemas máis. Morreu en California en 1987, con motivo dunha visita a unha das súas fillas que vivía alá. Este ano a RAG homenaxeouno coa distinción das Letras Galegas.
Ricardo Gurriarán Rodríguez
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-2538312313910.32766/brag.383.822Nas primeiras ringleiras do galeguismo: Florencio na guerra civil e no primeiro exilio en Francia
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/823

Tras o golpe de Estado de xullo de 1936, Florencio Delgado Gurriarán logrou salvar a vida e fuxir a Portugal. Tras residir en Francia, incorporouse ao Exército republicano en Cataluña e integrouse como secretario de propaganda do Partido Galeguista en Barcelona. Ao tempo, prestou servizo como tenente na intelixencia militar republicana até que a caída de Cataluña en febreiro de 1939 o sorprendeu en Francia en misión oficial. Xunto co galeguista Ramiro Illa Couto e en contacto coas institucións galegas de axuda á República en Arxentina, Uruguai e os Estados Unidos, asumiu a xestión da saída cara ao exilio dos galegos refuxiados en Francia. En xuño de 1939, embarcou no buque Ipanema con destino a México, onde residiu até o seu pasamento en 1987.
Xosé Luís Pastoriza Rozas
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-2538314115610.32766/brag.383.823Quen foi Xesús Dopico, o primeiro presidente do Padroado da Cultura Galega en México?
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/824

O presidente da primeira directiva do Padroado da Cultura Galega en México foi o violinista Xesús Dopico Ferreiro, quen chegara a Veracruz en xullo de 1939 a carón de Florencio Delgado Gurriarán a bordo do Ipanema. O achado da súa abandonada tumba no Panteón Español da Cidade de México impulsou unha investigación inédita que reconstrúe a súa traxectoria musical, o seu papel activo en defensa da República durante a guerra civil e a súa relación coa comunidade galega desterrada en México, en especial a través da súa colaboración coa revista Saudade ou a promoción de actividades no Padroado da Cultura Galega.
Samuel Diz
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-2538315718210.32766/brag.383.824O México ao que chega Florencio
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/825

Esta contribución ofrece unha mirada ás circunstancias particulares —luces e sombras— que rodearon a México como destino privilexiado do exilio republicano no que se inseriu Florencio Delgado Gurriarán. Por outra banda, intenta aproximarse a unha perspectiva apenas abordada, que remite ás posibles relacións persoais e intelectuais do valdeorrés fóra do ámbito estrito do galeguismo situándoas no contexto preciso en cada caso.
Pilar Cagiao Vila
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-2538318319610.32766/brag.383.825Florencio Delgado Gurriarán: de Valdeorras a Nova Galicia
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/826
Ramón Villares
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-2538319920910.32766/brag.383.826Florencio Delgado Gurriarán, poeta de Valdeorras
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/827
Rosario Álvarez Blanco
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-2538321121710.32766/brag.383.827Sobre a poesía de Florencio Delgado Gurriarán nos seus inicios (1931-1934): poeta das cousas das terras de Valdeorras (ou sexa, poeta matriótico) e, asemade, poeta das causas (ou sexa, poeta cívico, poeta patriótico)
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/828
Xesús Alonso Montero
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-2538321922310.32766/brag.383.828Construíndo a Igrexa galega. O cura Barreiro na longa década dos sesenta
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/829

Seminarista brillante, medalla de ouro en dereito canónico pola Universidade Gregoriana na Roma do Concilio, capelán obreiro na Galicia do desenvolvemento industrial, promotor inicial do Concilio Pastoral de Galicia e presidente da Asemblea Rexional do clero galego. A singular travesía de Xosé Ramón Barreiro Fernández no seo dunha Igrexa galega liderada entón polo cardeal Quiroga Palacios permite interpretar mellor non só a súa vida e obra, senón tamén a da historia de Galicia entre os anos 50 e 70 do pasado século.
Xosé Ramón Rodríguez Lago
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-2538322724210.32766/brag.383.829Xosé Ramón Barreiro Fernández e a historia local
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/830

Intervención na mesa redonda organizada pola Real Academia Galega como homenaxe ao historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández no primeiro cabodano e na que se destacan, dentro da súa amplísima produción investigadora, aspectos relacionados coa historia local.
Ana Romero Masiá
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-2538324324810.32766/brag.383.830Construíndo Xosé Ramón Barreiro
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/831

Esta pequena contribución pretende achegarse á relevancia e trascendencia que tiveron para a Academia a vida e a obra de Xosé Ramón Barreiro Fernández. Un historiador de convicción que entendía Galicia como o seu principal obxetivo de estudo, pero cunha vocación rotunda de intervir no presente para mudalo de raíz.
Emilio Grandío Seoane
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-2538324925710.32766/brag.383.831Vida oficial da RAG
https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/832
Real Academia Galega
Dereitos de autor/a 2023
2023-04-252023-04-2538326133610.32766/brag.383.832