María Victoria Moreno: Elexías de luz

Xesús Rábade Paredes

Resumo


María Victoria Moreno non foi profesora nin escritora tópica. Como García Lorca, a quen estuda e admira, Galicia entrou nela como un signo profundo e verdadeiro que a impresiona, principalmente a través do amor e a terra, notas ambas e dúas de percepción cutánea, sensorial, que impregnan toda a súa produción na nosa lingua. Biografía e texto creativo son indisolubles na autora, que encara vida e obra como viaxe no mundo para facer o ben. Tal cosmovisión, anagnórise ou recoñecemento substánciase nunha serie de conceptos ou palabras clave que percorren os seus versos e as súas prosas.


Palabras clave


María Victoria Moreno; Itinerancia; luz outonal; evocación; identidade; marxinalidade; diverxencia; paixón amorosa como pulsión transformadora

Texto completo:

PDF


DOI: https://doi.org/10.32766/brag.379.724


Copyright (c) 2019 Boletín da Real Academia Galega

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega