Carlos Casares, Article Writer versus Columnist

Luís Álvarez Pousa

Resumo


A popularidade que acadou a sección diaria “Á marxe” no xornal La Voz de Galicia catalogou como columnismo todo o que o escritor ourensán/limiao Carlos Casares publicou na prensa ata o día da súa morte. Asumilo así, segundo subliña o autor deste texto, aparte de reducionista pode dar pé a pensar que o escritor se refuxiou no que desde a óptica do xornalismo é un xénero menor para eludir un posicionamento argumentado do acontecer. A opción do columnismo veulle inducida. Os artigos do diario El País, cos que compatibilizou a súa continua e profusa presencia no xornal dos Fernández Latorre, e nos que deixou a pegada creativa do gran narrador de ficción que foi, serven para o contraste.


Palabras clave


Carlos Casares; prensa; xornalismo; articulismo; columnismo; retórica

Texto completo:

PDF


DOI: https://doi.org/10.32766/brag.378.691


Copyright (c) 2018 Boletín da Real Academia Galega

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega