Novas aplicacións informáticas para recoller, normalizar e difundir a toponimia de Galicia. Estados dos proxectos

Vicente Feijoo Ares

Resumo


Despois da paralización, no ano 2011, do Proxecto Toponimia de Galicia (PTG), proxecto cuxo obxectivo era a recolleita dos, aproximadamente, dous millóns de microtopónimos existentes no territorio galego, tivemos que reinventarnos e deseñar novos métodos que permitan, de forma colaborativa, salvagardar este inmenso patrimonio cultural inmaterial que reside na nosa toponimia e que, desgraciadamente, desaparece de forma acelerada pola transformación dos modos de vida tradicionais en Galicia.
Nomenclátor de entidades de poboación de Galicia. Este documento, oficializado no ano 2003, terá unha nova versión en 2018, coa gran novidade de que cada entidade de poboación, por pequena que sexa, estará xeolocalizada. Tamén estamos renovando o portal da Toponimia de Galicia (toponimia.xunta.gal), co propósito fundamental de difundir este patrimonio inmaterial a través dun buscador de topónimos e a divulgación de contidos relacionados coa importancia cultural, a singularidade e o significado de moitos dos nosos nomes de lugar, cuestións que espertan o interese xeral da sociedade.


Palabras clave


Toponimia de Galicia; microtoponimia; app colaborativa; Nomenclátor de Galicia; patrimonio inmaterial; xeorreferenciación; normalización; lenda; etimoloxía; entidade de poboación

Texto completo:

PDF

Citas


Dorion, Henri (1984): “Les relations entre la toponymie et les autres sciences sociales”, en 450 ans de noms de lieux française en Amerique du Nord. Québec: Les Publications du Québec.

Filgueira Valverde, José (1976): La toponimia gallega. Pontevedra: Deputación.

Feijoo Ares, Vicente (2014): “Las motivaciones de los nombres de las piedras en Galicia. Cultos, ritos y leyendas”, en Joan Tort i Donada (ed.), Els noms en la vida quotidiana. Actes del XXIV Congrés Internacional d’ICOS sobre Ciències Onomàstiques. Barcelona: Generalitat de Catalunya. Dispoñible en: http://www.gencat.cat/llengua/BTPL/ICOS2011/116.pdf

Feijoo Ares, Vicente (2016): “Deseño e rendibilidade da nova aplicación colaborativa para a recolleita unificada, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega”, en Xesús Ferro Ruibal (ed.), Estudos de Onomástica Galega. Microtoponimia: experiencias de recolla, didáctica e codificación. A Coruña: Real Academia Galega, 203-297.

García Sánchez, Jairo Javier (2007): Atlas toponímico de España. Madrid: Arco Libros.

Santamarina Fernández, Antón (2005): “Viaxe pola Onomástica galega”, A Trabe de Ouro 62, 11-38.

Vilar Pedreira, Xosé Lois (2008): Talasonimia da costa sur de Galicia. Da Punta do Caranguexo (Panxón, Nigrán) ó Regueiro da Gándara (Salcidos, A Guarda). Gondomar: Instituto de Estudos Miñoranos.

Recursos en internet

Xunta de Galicia (2000-2011): Proxecto Toponimia de Galicia (PTG) http://toponimia.xunta.es/

Xunta de Galicia (2010): Buscador de topónimos http://toponimia.xunta.es/gl/Buscador

Xunta de Galicia (2003): Nomenclátor de Galicia http://www.xunta.gal/toponimia-e-nomenclator

Xunta de Galicia (2016): Información Xeográfica de Galicia http://mapas.xunta.gal/portada




Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega