A intervención política na poesía de Manuel María. Unha revisión

María Pilar García Negro

Resumo


Propomos nesta comunicación unha redefinición da convencionalmente denominada poesía política. En Manuel María, vinculámola a unha vocación humanista, dirixida á creación dunha polis, isto é, dunha arquitectura colectiva dotada de armazón social. Tal intención concrétase na autopoética, na lingua, na xeografía, na composición dun mapa histórico, na atención  sociopedagóxica á literatura para a infancia, na unión poética con outras patrias negadas, como a Bretaña. Significa, pois, un combate contra o mutismo e é expresiva dunha vontade de representación nacional que se vincula propositadamente á literatura galega de pre-guerra.


Palabras clave


Manuel María; poesía política; creación dun mapa nacional; combate contra o mutismo

Texto completo:

PDF


Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega