Xaime Isla e a economía galega

Francisco Xavier Martínez Cobas

Resumo


Recollemos nestas liñas o papel que ocupa Xaime Isla Couto en relación á Economía galega no século XX. Consideramos que a súa principal achega é a incorporación do pensamento económico e político da Europa de posguerra en Galicia. As canles para a influencia das súas ideas foron a dirección da Revista de Economía de Galicia, a Cátedra de Dereito e Economía da Empresa na Escola de Enxeñaría de Vigo e a formación de xente nova entre os anos sesenta e os anos noventa do pasado século.


Palabras clave


Xaime Isla Couto; Economía galega

Texto completo:

PDF


Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega