Rutas do canle segredo

Xosé María Álvarez Cáccamo

Resumo


A demora de dúas décadas na publicación de Canle segredo desde as datas da súa escrita (1951-1954) impediu o seu posíbel efecto como “sinal para un cambio de rumbo” no panorama poético do seu tempo, tal como asegura Méndez Ferrín. De se producir tal incidencia, sería na liña dun discurso de formulación conversacional e non na do coloquialismo do social realismo. O libro de Álvarez Blázquez puido dialogar máis tarde, porén, coas poéticas da renovación producida na década dos 80 pola vía da súa formulación intimista, as tonalidades afectivas e o ritmo fluído e ben temperado. O autor apostara polo uso dunha retórica sobria e cordial a través da que se manifestan emocións como as da ledicia amorosa, a evocación da plenitude das vivencias da nenez, a dor pola perda do paraíso, o soño de evasión, a crítica doída e o desprezo moral fronte á inxustiza ou o amor transcendente á Terra como clave da súa invariábel posición ideolóxica galeguista. O libro desenvolve unha singular poética do sentido oculto da realidade e da inefabilidade das emocións desde a perspectiva dunha filosofía persoal da comunicación non verbal e dunha lectura semiótica do poder comunicativo do silencio.


Palabras clave


Xosé M.ª Álvarez Blázquez; literatura galega; poesía; crítica literaria; discurso conversacional; emocións; poder comunicativo do silencio

Texto completo:

PDF

Citas


Álvarez Blázquez, Xosé María (1976): Canle segredo. Vigo: Edicións Castrelos.

Álvarez Cáccamo, Xosé María (2008): “Silencio e voz de Canle segredo”, en Xosé María Álvarez Blázquez, Canle segredo. Vigo: Galaxia.

Cabana, Darío Xohán (2008): Xosé María Álvarez Blázquez: vida e obra. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Méndez Ferrín, Xosé Luís (1984): De Pondal a Novoneyra: poesía galega posterior á guerra civil. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Rodríguez Baixeras, Xavier (2007): “Introdución”, en Xosé María Álvarez Blázquez, Poesía galega completa. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 7-83.




Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega