Filgueira Valverde e o seu tempo. Apuntamentos para un retrato

Arcadio López-Casanova

Resumo


Trázase en tres apartados un retrato intelectual do polígrafo Xosé Filgueira Valverde. Dunha banda, sitúase a súa figura no contexto epocal, o fecundo período do deseño da Galicia ideal e mais da xeración da vangarda que –cos homes de Nós– trae á cultura galega os signos da modernidade. Doutra banda, analízase a súa tarefa investigadora articulada sobre dous eixes, ditados polos presupostos do pensamento nacionalista: o afondamento na lírica dos Cancioneiros medievais e na historia e a intrahistoria de Compostela, emblema escénico-espiritual de Galicia.
Finalmente, interprétase a súa faceta creadora nos diversos xéneros cultivados, no relato (con Os nenos), o teatro (con Agromar) e mais a lírica (con 6 canciones de mar “in modo antico”).


Palabras clave


modernidade; nacionalismo; reconstrución; xeración; ruptura; investigación; creación

Texto completo:

PDF


Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega