Poeta total

Luís González Tosar

Resumo


O presente traballo narra a historia de Nimbos, o poemario publicado en 1961 que representa un dos cumes da nosa literatura no século XX, desde os seus antecedentes na revista Alba, até a segunda edición de Galaxia (1989), que pode ser considerada testamentaria, xa que o autor deuna por boa despois de corrixila e revisala, un ano e medio antes do seu pasamento. As trinta e dúas composicións de Nimbos marcan un antes e un despois na literatura galega, e fan de Xosé María Díaz Castro unha figura maior que apareceu ante o gran público como un descoñecido cun só libro.


Palabras clave


Xosé M.ª Díaz Castro; Nimbos; edición; Galaxia; Francisco Fernández del Riego

Texto completo:

PDF


Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega