Caprice des dieux: cerimonia da liberdade

Henrique Rabuñal

Resumo


O autor detense neste escrito na singularidade da peza Caprice des dieux no conxunto do teatro de Roberto Vidal Bolaño. A obra que supuxo no seu día unha despedida dos escenarios está sustentada nun enfrontamento do autor coas primeiras autoridades políticas da cultura galega da época (1985) pero tamén nun desencontro con parte dos profesionais do teatro galego daquel momento. Pero o que se pretende por riba de todo nestas páxinas é acceder ao discurso lúcido e comprometido que sobre o teatro e a vida encerra un texto polémico no que se evocan dez anos de actividade de Teatro Antroido, un dos emblemas e unha das conquistas do teatro galego de onte, de hoxe e de sempre. Caprice des dieux contén unha elaborada poética teatral e escenicamente contrastada na que se aborda a relación sempre conflitiva do teatro co poder.


Palabras clave


Vidal Bolaño; teatro galego; Caprice des dieux; Teatro Antroido; Centro Dramático Galego; veto; teatro e poder

Texto completo:

PDF

Citas


Becerra de Becerreá, Afonso (2012): Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro. Brión: Laiovento.

Fernández Castro, Xosé Manuel (2007): A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. A Coruña: Universidade. [Tese de Doutoramento].

Fernández Castro, Xosé Manuel (2011): A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. Santiago de Compostela: Laiovento.

Franco, Camilo (2013): Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño. Cesuras: Biblos Clube de Lectores.

Nogueira, Mar (2005): Catálogo de dramaturgos galegos 1973-2004. De abrente a hoxe. Santiago de Compostela: CDAEM.

Pascual, Roberto (2013): Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Rabuñal Corgo, Henrique (2012): “Ollada á obra de Roberto Vidal Bolaño”, en Escritos sobre teatro galego (2000-2002). Unha viaxe polo teatro galego contemporáneo. Saarbrücken: Editorial Académica Española, 111-113.

Tato, Laura (2013): Roberto Vidal Bolaño: unha vida para o teatro. Noia: Toxosoutos.

Vidal, Roi (2013a): Fóra de portas. Paseo libre e non moi respectuoso polos tempos e lugares de Roberto Vidal Bolaño. Santiago de Compostela: Edicións Positivas.

Vidal, Roi (2013b): “Dez chaves para unha aproximación á estética de Teatro Antroido”, en Anxo Tarrío (ed.), Roberto Vidal Bolaño. Día das Letras Galegas 2013. Santiago de Compostela: Universidade, 101-110.

Vidal Bolaño, Roberto (2013a): “Caprice des dieux. Discurso cívico para actor e bonecos ou fíxoa boa, señor conselleiro” en Obras completas. Vol. III, Santiago de Compostela: Edicións Positivas, 36-67. (Remitimos tamén aos outros volumes das súas Obras completas, o I, o II e o IV, editados por Edicións Positivas).

Vidal Bolaño, Roberto (2013b): Escritos sobre teatro (Posicións e Teoría). Cadernos Ramón Piñeiro XXV. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia - Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Edición de Luís Cochón.

Vidal Bolaño, Roberto e Francisco Taxes (2003): Daquel Abrente. Publicacións do CDG, 30. Santiago de Compostela: IGAEM.

Villalaín, Damián (2002): “Entre Otero Pedrayo e William Holden. Unha lembranza de Roberto Vidal Bolaño”, en Carmen Becerra e María Teresa Vilariño Picos (eds.), Roberto Vidal Bolaño, escritor escénico. Lugo: TrisTram, 21-31.




Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega