Valentín, sempre ao seu aire: "a velas vir, e a pillalas todas"

Luís Cochón

Resumo


“... para conformar unha biografía, a de Valentín, que parece ter sido inventada para o seu propio eu: os moitos eus que foi, a un tempo, Paz-Andrade, en moita parte, escrita pola súa man, sen que ninguén lle levase a contraria. Ítem máis: sabemos do autor, o que o propio autor quixo que souberamos de seu. Foise abastecendo dos diarios correspondentes, documentos –por mínimos que foran, algúns menos que outros– fotografías, crónicas, novas, conferencias, discursos, cursos, afáns. Intuíu o lugar e as ocasións onde tiña que estar. E sóuboo. Consolidou unha biografía, que aínda non era a súa, a forza de aprioris, e remachada a base de posterioris, co expurgo –a ollos vistos– de canto non era conveniente para a súa imaxe e figura, dentro do cursus honorum que artellou o seguimento dun prócer.
Doutro modo: a biografía de Valentín non é consecuencia dos feitos da súa vida (que tamén), senón alicerce dunha peripecia vital á que parece ser chamado polos propios feitos. Alguén pode encontrarse vivindo. Valentín sabíase importante, moito antes de ser importante, e todo iso, hai que saber facelo, encontrándose ou non. Será verdade que carácter é destino, como quería Malraux?”.


Palabras clave


Valentín Paz-Andrade; biografía conformada; autobiografía; memoria de si propio; moitos eus dentro da mesma ipseidade; cursus honorum; articulación dun prócer; a vividura; encontrarse o autor consigo mesmo

Texto completo:

PDF


Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega