Castelao á luz de Paz-Andrade (1950-1982)

Miguel Anxo Seixas Seoane

Resumo


Ó falecer o exiliado galego Castelao en Buenos Aires, en 1950, os seus debuxos e textos estaban dispersos polo mundo e prohibidos en España. Só no exilio e na emigración (Buenos Aires, Montevideo, México, Nova York, París...) é lembrado e homenaxeado. Publícanse fóra artigos e libros del e sobre el, expoñen parte da súa obra, dedícanlle espazos e producen poemas, músicas e imaxes del que perpetúan a súa sona.
En Galicia, ós poucos, vaise rescatando e ensinando parte da súa obra. Valentín Paz-Andrade, que o tratou, accede, nas súas viaxes a América, a esa memoria colectiva e a parte desa obra del e sobre el que se publica. Con esa documentación e a memoria escribe a primeira biografía completa sobre Castelao que se edita en Galicia en 1982.


Palabras clave


Castelao; exilio galego; censura franquista; bibliografía de e sobre Castelao; Valentín Paz-Andrade; biografía

Texto completo:

PDF


Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega