Por unha canonización (que non beatificación) da obra de Lois Pereiro

Mercedes Queixas Zas

Resumo


O obxectivo desta comunicación quere promover unha reflexiva chamada de atención a respecto da importancia / necesidade de non deixarmos morrer a Lois Pereiro definitivamente. Agora que tivemos a oportunidade de (re)descubrírmolo como poeta, de coñecérmolo como narrador e ensaísta, sería mágoa imperdoábel renunciarmos para sempre á súa obra, máxime cando a súa conexión coa sociedade, ao longo de 2011, acadou cotas tan altas de recoñecemento popular.
Cada un, cada unha de nós ten a súa chave persoal para evitar que esta porta por fin aberta, desde a Real Academia Galega, sexa ferreamente trancada para as xeracións futuras, porque coñecermos o tempo de Lois Pereiro axuda a interpretarmos o que a nós nos toca vivir e construír. 
Quer como editores quer como tradutores, investigadoras, docentes, desde a máxima teorización crítica até a transmisión e comprensión dos seus poemas e das súas reflexións, a obra madura, moderna e próxima de Lois debe ocupar tamén o noso tempo, individual e colectivo.
Eis a importancia de que o potencial lectorado futuro, que hoxe estamos a coeducar, desde a escola, non permaneza illado para, consecuentemente, prescindir inconscientemente, dunha voz literaria propia que enaltece, desde a brillantez, o canon literario galego


Palabras clave


Actualidade literaria; revisión do canon; inclusión didáctica; superación de prexuízos; innovación educativa; Lois Pereiro e o currículo académico

Texto completo:

PDF


Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega