A morte virá e ha ter os teus ollos (os derradeiros poemarios de Alexandre Cribeiro e Lois Pereiro)

Luís Cochón

Resumo


Confrontación de dous poemarios, últimos e derradeiros de dous autores, Xosé Alexandre Cribeiro e Lois Pereiro, A señardade no puño e Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995, respectivamente. A presenza da morte, nos dous, o sentimento tanático de estar a vivir un final fatal e próximo –fóra da sazón e tempo– morte, pois, presentida e anunciada por tódolos síntomas, visibles ou non. O primeiro deles afastouse do mundo fóra de si para encontrarse –só– coa súa propia morte: Cribeiro. O outro, Pereiro, non se recatou. Vivir a contramorte, púdica ou impudicamente.


Palabras clave


morte; vida; epitafio; autopsia; asco; noxo; desprotección; inestabilidade; desacougo; sabotaxe; foraxidos

Texto completo:

PDF


Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega