Política editorial

Temática e alcance

O Boletín da Real Academia Galega (BRAG) é unha publicación científica de acceso libre e periodicidade anual, editada pola Real Academia Galega.

Creouse no ano 1906 como órgano oficial da institución, e tamén para dar soporte e difusión a traballos de investigación sobre diferentes materias e disciplinas científicas, nomeadamente literatura e lingua galegas, pero tamén historia, arte, arqueoloxía, etnografía e folclore, sempre en relación con Galicia. Despois de 95 anos de historia, con períodos de inactividade, a publicación retómase no ano 2001, cunha periodicidade anual e un novo formato.

A revista presenta varias seccións:

  • Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, con traballos de investigación relacionados co persoeiro homenaxeado.
  • Alocucións académicas no Día das Letras Galegas, que recolle os discursos dos académicos na sesión plenaria extraordinaria do 17 de maio dese ano.
  • Traballos de investigación e estudo: Con traballos de investigación sobre lingua e cultura galegas.
  • Recesións: onde se reúnen recensións descritivas e/ou críticas de publicacións resultantes de procesos de investigación ou ensaísticas dunha certa actualidade.
  • Vida oficial: noticias que dan conta das actividades e do funcionamento interno da Academia.

Acéptanse traballos escritos en lingua galega.

 

Política de seccions

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Os traballos que se propoñan para publicar teñen que ser orixinais e non deberon ser publicados anteriormente noutro formato ou idioma, nin deben estar postulados ou aceptados para a súa publicación noutra revista. Publicaranse en galego. Todos os traballos recibidos serán examinados de forma anónima por avaliadores externos.

Marcado Envíos abertos Marcado Indexado Marcado Revisión por pares

Alocucións académicas no Día das Letras Galegas

Sen marcar Envíos abertos Marcado Indexado Sen marcar Revisión por pares

Traballos de investigación e estudo

Os traballos que se propoñan para publicar teñen que ser orixinais e non deberon ser publicados anteriormente noutro formato ou idioma, nin deben estar postulados ou aceptados para a súa publicación noutra revista. Publicaranse en galego. Todos os traballos recibidos serán examinados de forma anónima por avaliadores externos.

Marcado Envíos abertos Marcado Indexado Marcado Revisión por pares

Recensións

Esta sección reúne recensións descritivas e/ou críticas de publicacións resultantes de procesos de investigación ou ensaísticas dunha certa actualidade. Os traballos que se propoñan para publicar en “Recensións” teñen que ser orixinais e non deberon ser publicados anteriormente noutro formato ou idioma, nin deben estar postulados ou aceptados para a súa publicación noutra revista. Publicaranse en galego. Todos os traballos recibidos serán examinados de forma anónima por avaliadores externos.

Marcado Envíos abertos Marcado Indexado Marcado Revisión por pares

Homenaxe a Juan Antonio Saco Arce

Marcado Envíos abertos Marcado Indexado Marcado Revisión por pares

Homenaxe a Samuel Eiján

Marcado Envíos abertos Marcado Indexado Marcado Revisión por pares

Vida oficial

Sen marcar Envíos abertos Marcado Indexado Sen marcar Revisión por pares
 

Proceso de revisión por pares

Os traballos poden ser recibidos na redacción ao longo do ano, e serán revisados en primeira instancia pola Dirección e Secretaría ou polos membros do Comité de Redacción, segundo os casos e as necesidades. Nesta primeira revisión determinarase se o traballo atende aos requirimentos mínimos para a súa publicación. De non ser así, enviarase unha comunicación razoada do rexeitamento nun prazo breve de tempo.

Os traballos que se axusten aos requirimentos mínimos indicados serán remitidos en forma anónima a dúas persoas de recoñecida competencia na materia, quen, no prazo dun mes, deberán emitir un informe sobre a conveniencia da súa publicación. A Dirección, A Secretaría e/ou o Comité de Redacción da Revista seleccionará estes dous avaliadores externos que, pola súa traxectoria investigadora, xulgue pertinentes.

Poderanse considerar nomes suxeridos por quen envía o texto, sempre que non participasen na elaboración do traballo nin manteñan relacións que poidan facer depender o resultado da avaliación de criterios que non sexan estritamente científicos. En calquera caso, o nome dos avaliadores non será dado a coñecer (sistema de dobre anonimato).

Para que os traballos se publiquen os dous informes deben ser positivos. Se só unha das avaliacións recomenda a publicación do traballo, este remitirase a un terceiro avaliador anónimo cuxo ditame será definitivo.

Os traballos encargados pola Dirección da Revista non serán sometidos á revisión por pares.

A Secretaría comunicará nun prazo máximo de tres meses despois da recepción do traballo e mediante correo electrónico a aceptación (definitiva ou condicionada) ou o rexeitamento das colaboracións. A comunicación irá acompañada dos informes anónimos dos avaliadores. Eventualmente, poderá enviarse un único informe elaborado polo Comité de Redacción a partir dos formularios entregados polos avaliadores.

Se o traballo é provisionalmente aceptado, o Comité de Redacción da revista poderá incluír na comunicación unha listaxe coas súas propias recomendacións. Entre estas incluiranse, se é preciso, indicacións relativas ao estilo, redacción, corrección gramatical e presentación da información, así como a listaxe de incumprimentos das normas de publicación. O novo traballo, cos cambios introducidos, deberá ser enviado á Revista destacando os cambios realizados. A nova versión do traballo, xunto co documento indicado, será enviado de novo aos revisores, os cales, nun prazo de quince días, emitirán un informe sobre a conveniencia ou non da publicación.

O Comité de Redacción, nun prazo de quince días a partir da comunicación dos revisores, acordará e notificará a aceptación ou o rexeitamento definitivo do traballo.

 

Frecuencia de publicación

O Boletín da Real Academia Galega (BRAG) publícase anualmente. Os artigos vanse publicando a medida que están preparados para publicación, engadíndoos á táboa de contidos do volume en curso.

 

Política de acceso aberto

O Boletín da Real Academia Galega (BRAG) facilita o acceso sen restricións a todo o seu contido.

 

Indexada en

Dialnet DICE Redib

 

Exención de responsabilidade

O BRAG non se fai responsable do contido de ningún artigo e o feito de patrocinar a súa difusión non implica, necesariamente, conformidade coas teses expostas. O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.